Archivo del sitio

Valdeorras presentou 11 propostas para o programa cidadán de PODEMOS

Onte tivo lugar no Barco a xornada de presentación de propostas de PODEMOS en Valdeorras. Finalmente foron once as ideas programáticas que se expuxeron nunha mesa formada por Marcos Cal (Organizador destas xornadas desde o Círculo Pontevedra), Ángela Rodríguez (Secretaria de Igualdade e candidata ao Congreso por Pontevedra), Íñigo Ansotegui (membro do Círculo A Rúa) e Carmela Docampo (Secretaria Xeral PODEMOS O Barco e candidata ao Congreso por Ourense). Así mesmo, a reunión contou coa presenza de Juan Villarino, candidato de PODEMOS ao Senado.

Propuestas O Barco 01

Nesta convocatoria presentáronse tamén dúas propostas suxeridas por Rubén Compés e Ana Rodríguez, membros do Círculo PODEMOS Ourense, onde precisamente péchanse esta tarde estas xornadas que han ter lugar por toda a xeografía galega e nas que se presentaron decenas de ideas programáticas.

Propuestas O Barco 02
A partir de hoxe, estas propostas serán votadas e debatidas no espazo virtual Praza Galicia. As máis destacadas pasarán a Praza Podemos, onde se dará forma ao programa que PODEMOS presentará nas próximas Eleccións Xerais.

Propuestas O Barco 03

Sen dúbida, trátase dunha nova forma de facer política, sen precedentes no noso país, xa que calquera cidadán ou grupo de cidadáns teñen a oportunidade de presentar as súas propostas, así como opinar e votar as ideas programáticas que xa están sendo debatidas e implementadas co consenso de todos os participantes.

Anuncios