Archivo de la categoría: Conferencias polo ben común

Ciclo de conferencias polo ben común: Lídia Senra fala do TTIP

TTIP 02

Moi interesante a charla que tivemos o venres 10 de xuño con Lídia Senra na Biblioteca da Rúa. Despois da introdución do noso compañeiro Sindo López, comezou a eurodeputada de AGE no debate sobre o TTIP falando doutro acordo menos coñecido pero igualmente nocivo, o CETA, un tratado entre Canadá e a UE, prácticamente pechado, que se chega a ser aprobado fará moi difícil parar o TTIP.

TTIP 04

Son acordos vampiros, como os denomina a activista francesa Susan George, acordos que cando son expostos á luz morren. Daí a importancia, como resaltou Lídia Senra na súa exposición, dos debates públicos fronte á falta de transparencia das administracións e empresas implicadas, debates que ao mesmo tempo vaian creando as condicións para unha mobilización social densa. Só cunha resistencia tenaz dos de abaixo poderanse parar estes acordos creados para favorecer os intereses das grandes multinacionais a expensas da saúde, o medio ambiente e as condicións laborais da gran maioría.

TTIP 03

Moitas grazas a Lídia Senra polo seu compromiso e proximidade, a voz dunha militante por Galicia e a xente sinxela de agro, valores e intelixencia compartida polos que foron os nosos invitados o xoves 16 de xuño, Ángel García Seoane e David Rodríguez, os alcaldes de Oleiros e Manzaneda, cos que conversamos sobre municipalismo, as súas posibilidades e os seus límites, así como tamén da súa experiencia na formación das plataformas veciñais.

TTIP 04

Anuncios